jueves, 31 de marzo de 2011

Coñecendo Narbonne:

video

CURSO 2010-2011: MOBILIDADE EN NARBONNE

video
Este ano o IES Luis Seoane realiza unha movilidade con Narbonne (Francia). A alumna seleccionada pertenece ao C.S. Comercio Internacional. Parabens, Carla que desenvolverá a súa FCT, entre os meses de abril e xuño, na Cámara de Comercio de Narbonne.

jueves, 17 de marzo de 2011

CARTA ERASMUS: cal é a nosa?


CARTA UNIVERSITARIA ERASMUS AMPLIADA
(só prácticas de estudantes)
 

Permite a movilidade dos estudantes para a realización das prácticas da FCT durante un período de tempo nunha empresa doutro país participante neste programa.

PROGRAMA ERASMUS: Países participantes

A participación no programa está aberta non só aos Estados membros, senon tamén aos países da AELC, os membros do Espazo Económico Europeo (EEE) (Islandia, Liechtenstein e Noruega), a Confederación Suiza, os países candidatos á adhesión á UE e os posibles países candidatos dos Balcanes occidentais, con arreglo ás normas e os acordos que rixen a súa participación nos programas comunitarios.

Financiamento de actividades polo programa ERASMUS:

As axudas teñen como finalidade contribuir a sufragar os gastos adicionais derivados da movilidade dos estudantes (principalmente gastos de viaxe e de manutención) derivados da estancia no extranxeiro.